luns, 23 de xaneiro de 2017

TAI CHI NO NOSO SALÓN!!

NOVA PÁXINA DESTE BLOG!!!

Se vos fixades enriba desta entrada, xusto debaixo do título do blog, hai unha nova pestana que se chama TAI CHI. Aquí deixaremos material audiovisual das diferentes sesións que se van desenvolver no noso salón, e que empeza así...


Da man da nosa ANPA "Picariños", durante o mes de xaneiro, temos a sorte de disfrutar de Idhaly e Miguel, especialistas do Grupo Ambos para ofrecer obradoiros de relaxación creativa e Tai Chi.


Durante o mes de outubro os compañeiros de primaria puideron disfrutar con eles. Recén estrenado o novo ano, é a quenda de Infantil.


En cada clase de Infantil poderán facer:

  • un obradoiro semanal de relaxación creativa, que terá lugar na aula ordinaria
  • unha sesión semanal de Tai Chi, que ocupará unha das sesións de psicomotricidade.


Ningún comentario:

Publicar un comentario